Chamada para o mantemento das mobilizacións cidadás para o clima

CONSTRUAMOS UN MUNDO XUSTO, DURADEIRO E SOLIDARIO

[français version]  [ english version ]

Os pobos de París e Beirut viviron masacres despreciables. Expresamos a nosa tristeza e a nosa solidariedade con todas as vítimas así como a nosa determinación de manternos en pé fronte ao homicidio programado e aleatorio de civís inocentes.

Que quixeron os terroristas? Asustarnos e empurrarnos a reaccións cegas e brutais que intensificarían o ciclo de violencia. Daesh golpeou nos nosos lugares de encontro, de vida, para aterrarnos, enxendrar en nós os desexos de vinganza, de violencia, e traernos de volta cara ao odio. Queren entrar no seu xogo sanguento, na súa lóxica de guerra.

Estamos todxs apuntadxs pero nós non temos medo. Non cedemos á anguria, como tampouco aceptamos a “doutrina do shock”, que aproveita catástrofes humanas, sociais ou medioambientais para  poñer en marcha todas as regresións, restricións das liberdades elementais e as formas de repregue sobre nós mesmxs. Chamamos a responder a estes crimes con máis xustiza, con máis solidariedade, con máis determinación para loitar contra todo aquilo que nos impide construír xuntxs a sociedade.

Afirmamos a nosa unidade e a nosa sede de convivencia. Consideramos imprescindible abordar as causas profundas: inxusticia, miseria, guerra, desigualdade, racismo, intolerancia, violacións dos dereitos humanos, saqueo ecolóxico e desaxuste climático.

Apoiamos e mantemos as grandes mobilizacións cidadás que se desenvolverán en París coa ocasión da COP21, tales como a manifestación polo Clima do 29 de novembro, o Cumio Cidadán polo Clima na cal se atopa a Vila Mundial das Alternativas do 5 e 6 de decembro, e a mobilización do 12 de decembro. Son un medio esencial para inverter o curso dos feitos e de vencer ao fatalismo. Demostran que un novo mundo está nacendo. Unha dinámica na que as forzas, constituídas por cidadás e cidadáns do mundo enteiro, tratan de preservar  os nosos bens comúns, e construír un mundo máis xusto, duradeiro e solidario. Traballan polo que temos que compartir e no que ao tempo nos une.*

on lache rien !

ASINA AQUÍ!!!

*Texto e recollida de sinaturas: ALTERNATIBA

*Tradución: ECOAR)))

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *