…Clima 21?

Mentres que Francia se prepara para acoller o cumio das Nacións Unidas sobre o cambio climático (COP21) do 30 de novembro ao 11 de decembro de 2015, centos de organizacións da sociedade civil mobilizaranse en París en busca de novas solucións.

A Coalición Clima 21 nace formalmente a principios de 2014 despois dun encontro internacional (ao que asisten máis de 135 organizacións de 37 países) para “contribuír á creación dunha relación de forzas favorable a unha acción climática ambiciosa e xusta, e á transformación duradeira de todas as políticas públicas relacionadas”.

As organizacións implicadas na preparación das mobilizacións para o COP21 afirmamos que estas negociacións, teñen unhas liñas propostas polos diferentes organismos internacionais e estatais que non só non apostan por unha liña de solución climática, senón que afondan na liña política desenvolvida ata o de agora e non serán suficientes para loitar contra o desaxuste climático e as desigualdades que carrexa, agudizando aínda máis a situación existente. Por iso mesmo, facemos un chamamento para aproveitar a atención política e mediática que se lle dará á COP21 para organizarse e mobilizarse, co obxectivo de lanzar un movemento forte e duradeiro pola xustiza climática, para evitar os peores impactos ecolóxicos, económicos e sociais do cambio climático. Aberto a todxs, a forza deste movemento provén da súa diversidade.

Os 28-29 de novembro: terá lugar a Marcha Mundial polo Clima. No día anterior ao inicio da conferencia, a cidadanía sairá as rúas de París (o 29) e das demais grandes cidades do mundo (o 28 e o 29) para marchar xuntos e afirmar alto e claro as nosas reivindicacións, dende o tema da alimentación ao do traballo, a enerxía ou a erradicación da pobreza.

Dende esas datas e durante as dúas semanas seguintes da COP, as accións multiplicaranse, especialmente en París (onde se buscara concentrar todas as forzas) onde a cidade estará chea de diferentes formas de resposta social, ata o día 12 onde se pecharán as semanas de acción cunha grande mobilización múltiple.

“Se non facemos nada, ninguén o fará no noso lugar”.

Comments are closed