Actúa

“SE NON FACEMOS NADA, NINGUÉN O FARÁ NO NOSO LUGAR” #climate21 #clima21

Ola! Pedímosche só tres minutos de atención!!

En decembro 2015, Francia acollerá a 21ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. As liñas propostas polos diferentes organismos internacionais e estatais non só non camiñan cara a unha liña de solución climática, senón que afondan na irresponsable política desenvolvida ata o de agora, que considera o planeta unha despensa infinita da que se servir cara á consecución dun beneficio económico constante.

Para contribuír cunha correlación de forzas favorable na acción climática ambiciosa e xusta, así como á transformación duradeira das políticas públicas relacionadas,  centos de organizacións da sociedade civil coordinámonos no marco da Coalición Clima 21 onde se espera que milleiros de persoas visibilicemos a nosa repulsa á liña actual de tratamento do planeta e, polo tanto, dos dereitos, liberdades e dignidade dxs que nel habitamos.

Que está en xogo?

  • A oportunidade de xerar un novo marco internacional que se basee na protección do medio ambiente.
  • A procura dunha economía verdadeiramente sustentábel para o planeta e todxs xs que nel habitamos.
  • Un modelo agro-alimentario diferente, que non represente riscos para a saúde das persoas e o resto de especies que habitamos no planeta.
  • Apostar por unhas políticas que aseguren o uso responsable e xusto de recursos básicos como a auga ou a terra.
  • Abandonar definitivamente as enerxías máis contaminantes e avanzar cara  a un novo modelo que dea respaldo a enerxías menos contaminantes e máis limpas. Facendo desaparecer dunha vez por todas os procesos que non respecten o principio de risilencia, como por exemplo, o ‘Fracking‘ ou as Areas Bituminosas.
  • Promover un novo modelo urbano, que promocione unha mobilidade sostible, (como por exemplo o uso da bicicleta ou o transporte colectivo) e unha distribución racional e sostible do espazo, entre outras cuestións.
  • Políticas públicas que melloren o medio e os dereitos de todas as especies do planeta e non só os das persoas.

 

Que vai pasar?

A loita fronte ao cambio climático e os seus impactos sobre as condicións de vida de todxs non empezará nin se acabará durante o Cumio de París. Porén, o ano 2015 representa unha verdadeira oportunidade para unirnos e afirmar que o mundo que desexamos está ao noso alcance: un mundo protexido dos estragos do cambio climático, no que a economía estea ao servizo das persoas e do planeta, dando a posibilidade a todas e todos, sexa cal sexa o seu territorio, de vivir decentemente do seu traballo, respirar un aire san nun medio ambiente preservado.

Organizacións e persoas dun diverso espectro ideolóxico iremos a Paris dende todos os puntos do planeta, para reclamar novas políticas e enfoques de actuación respecto ao clima, o planeta, os dereitos e a xustiza global. O 29 de novembro será a data que marcará o punto de partida dunhas mobilizacións que se iniciarán de xeito descentralizado e que, dende o 5 de decembro terán a París como marco de referencia ata a mobilización central do 12 de decembro. Durante eses días a capital francesa será o escenario de manifestacións, obradoiros, asembleas, accións directas ou de desobediencia civil que encherán cada recuncho da cidade porque “Se non facemos nada, ninguén o fará no noso lugar”.

Para lograr mudalo todo, é necesaria a túa participación.

E que podes facer ti?

#TOMAARÚA!

Participa nas accións e manifestacións!!

#CIBERACTÚA!

-Reenvía este mail aos teus contactos para animarlles a participar!

-Segue a campaña nas páxina de Facebook!.

-Publica mensaxes nas redes sociais usando a etiqueta #climat21 #COP21 #justiceclimatique #clima21 #xustizaclimática

-Publica imaxes das mobilizacións, campañas e accións

-Adhírete á campaña escribindo a este correo contact@coalitioncop21.org

#DOCUMÉNTATE!

http://coalitionclimat21.org/

http://clima21.ecoarglobal.org/

http://www.sinpermiso.info/textos/injusticias-climaticas-lo-que-esta-en-juego-en-la-cop21-la-coalicion-climat-21-y-los-objetivos-de

http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-cambioclimatico

http://www.ecologistasenaccion.org/rubrique223.html

Comments are closed