“SE NON FACEMOS NADA, NINGUÉN O FARÁ NO NOSO LUGAR” #climate21 #clima21
Ola! Pedímosche só tres minutos de atención!!
En decembro 2015, Francia acollerá a 21ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. As liñas propostas polos diferentes organismos internacionais e estatais non só non camiñan cara a unha liña de solución climática, senón que afondan na irresponsable política desenvolvida ata o de agora, que considera o planeta unha despensa infinita da que se servir cara á consecución dun beneficio económico constante.
Para contribuír cunha correlación de forzas favorable na acción climática ambiciosa e xusta, así como á transformación duradeira das políticas públicas relacionadas, centos de organizacións da sociedade civil coordinámonos no marco da Coalición Clima 21 onde se espera que milleiros de persoas visibilicemos a nosa repulsa á liña actual de tratamento do planeta e, polo tanto, dos dereitos, liberdades e dignidade dxs que nel habitamos.
Que está en xogo?
- A oportunidade de xerar un novo marco internacional que se basee na protección do medio ambiente.
- A procura dunha economía verdadeiramente sustentábel para o planeta e todxs xs que nel habitamos.
- Un modelo agro-alimentario diferente, que non represente riscos para a saúde das persoas e o resto de especies que habitamos no planeta.
- Apostar por unhas políticas que aseguren o uso responsable e xusto de recursos básicos como a auga ou a terra.
- Abandonar definitivamente as enerxías máis contaminantes e avanzar cara a un novo modelo que dea respaldo a enerxías menos contaminantes e máis limpas. Facendo desaparecer dunha vez por todas os procesos que non respecten o principio de risilencia, como por exemplo, o ‘Fracking‘ ou as Areas Bituminosas.
- Promover un novo modelo urbano, que promocione unha mobilidade sostible, (como por exemplo o uso da bicicleta ou o transporte colectivo) e unha distribución racional e sostible do espazo, entre outras cuestións.
- Políticas públicas que melloren o medio e os dereitos de todas as especies do planeta e non só os das persoas.
Que vai pasar?
A loita fronte ao cambio climático e os seus impactos sobre as condicións de vida de todxs non empezará nin se acabará durante o Cumio de París. Porén, o ano 2015 representa unha verdadeira oportunidade para unirnos e afirmar que o mundo que desexamos está ao noso alcance: un mundo protexido dos estragos do cambio climático, no que a economía estea ao servizo das persoas e do planeta, dando a posibilidade a todas e todos, sexa cal sexa o seu territorio, de vivir decentemente do seu traballo, respirar un aire san nun medio ambiente preservado.
Organizacións e persoas dun diverso espectro ideolóxico iremos a Paris dende todos os puntos do planeta, para reclamar novas políticas e enfoques de actuación respecto ao clima, o planeta, os dereitos e a xustiza global. O 29 de novembro será a data que marcará o punto de partida dunhas mobilizacións que se iniciarán de xeito descentralizado e que, dende o 5 de decembro terán a París como marco de referencia ata a mobilización central do 12 de decembro. Durante eses días a capital francesa será o escenario de manifestacións, obradoiros, asembleas, accións directas ou de desobediencia civil que encherán cada recuncho da cidade porque “Se non facemos nada, ninguén o fará no noso lugar”.
Para lograr mudalo todo, é necesaria a túa participación.
E que podes facer ti?
#TOMAARÚA!
Participa nas accións e manifestacións!!
#CIBERACTÚA!
-Reenvía este mail aos teus contactos para animarlles a participar!
-Segue a campaña nas páxina de Facebook!.
-Publica mensaxes nas redes sociais usando a etiqueta #climat21 #COP21 #justiceclimatique #clima21 #xustizaclimática
-Publica imaxes das mobilizacións, campañas e accións
-Adhírete á campaña escribindo a este correo contact@coalitioncop21.org
#DOCUMÉNTATE!
https://clima21.ecoarglobal.org/
http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-cambioclimatico