“A desobediencia, nos ollos de calquera que lese historia, é a nosa virtude orixinal. O progreso chegou grazas á desobediencia e á rebelión”. -OSCAR WILDE
O COP é unha parte do crebacabezas do clima. Nin sequera a parte máis importante, pero durante o 11 e o 12 de decembro, será o centro de atención do mundo. Debemos ir onde a historia estea a desenvolverse. Os movementos non poden rematar como unha nota ao pé de páxina nos medios de comunicación. Necesitamos ser a cabeceira dos informativos cunha acción que rexeite claramente calquera trato que cruce as nosas Liñas Vermellas.
De cara ao D12, unha coalición singularmente diversa que apoia a desobediencia civil. Nunca antes se deu esta circunstancia.
Durante o D12 milleiros, moitxs dos cales nunca realizaron esta clase de acción, mostrarán aos movementos de xustiza climática determinación, liderado e compromiso para afrontar a crise.
Preparará o escenario para unha onda de desobediencia masiva en 2016, cando persoas ao redor do mundo actúen xuntas unha vez máis para desafiar as causas de raíz do caos climático.
As Liñas Vermellas son as necesidades mínimas para un planeta xusto e habitable. Máis concretamente: transformación enerxética sustentable, xustiza para as persoas ou dereito aos alimentos e á auga.
Para evitar un cambio climático perigoso sabemos que debemos manter polo menos o 80% das reservas coñecidas de combustibles fósiles baixo o chan. Necesitamos descarbonizar a nosa economía antes de 2050, alcanzando o seu máximo nivel en 2020. A liña vermella do noso movemento é manter estes combustibles baixo o chan. Unha necesidade mínima para un planeta xusto e habitable.
O Plan
Ao termino do cumio reunirémonos en lugares chave que rodean Le Bourget (o centro de conferencias onde se celebran as conversacións) nun acto masivo de desobediencia. Cos nosos corpos imos a establecer as liñas vermellas que representan as necesidades mínimas para un planeta xusto e habitable. Linas que nunca deben ser cruzadas.
Estea en París as 12 horas do venres 11 de decembro, para unha reunión informativa final e preparación.
Mantente informadx a través da páxina web dos últimos detalles que vaian xurdindo.
Ven preparadx para a acción.
Trae roupa de abrigo. Leve bocadillos e un termo. Tamén pode ser que desexes levar algo vermello (un paraugas ou unha bufanda por exemplo) para axudar a marcar a liña vermella.
As conversacións de París definiranse polo que suceda nas rúas de París e en todo o mundo e non soamente polos parénteses e comas que discutiran nos despachos de negociación. Os políticos non son os únicos que teñen o poder. Si suficientes persoas están dacordo en que é hora de que o mundo se mova nunha nova dirección, e empurrar xuntos, o mundo comezará a moverse.
Saltarse as regras , para mudalo todo.
Máis información: