FAQ

  • QUE É O COP21?

Francia prepárase para acoller o cumio das Nacións Unidas sobre o cambio climático de 2015 (COP21/CMP11), que ten por obxectivo acadar un novo acordo internacional sobre o clima, continuando coa liña política desenvolvida ata o de agora, insuficientes para loitar contra o desaxuste climático e as desigualdades que carrexa.

  • QUE É A COALICION CLIMA 21?

A Coalición Clima 21 nace para “contribuír á creación dunha relación de forzas favorable a unha acción climática ambiciosa e xusta, e á transformación duradeira de todas as políticas públicas relacionadas”.

  • DE ONDE VÉN O NOME DA COALICIÓN?

O nome vai en contraposición ao COP21, o Cumio das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático que acollerá Francia na súa 21ª edición.

  • QUEN CONFORMA A COALICIÓN?

Centos de organizacións da sociedade civil, de distintos eidos, sensibilidades e xeito de actuación, que teñen como obxectivo mellorar as políticas climáticas, medioambientais e de respecto dos dereitos humanos.

  • CALES SON AS DATAS CHAVE DAS MOBILIZACIÓNS DE PARIS?

Os 28-29 de novembro: terá lugar a Marcha Mundial polo Clima.

Entre o 30 de novembro e o 11 de decembro, París transformarase nun grande espazo de converxencia, debates e mobilizacións, que reclamarán de xeito conxunto alternativas ao cambio climático.

O 12 de decembro, mobilización masiva en París como punto forte, despois de dúas semanas de accións de diverso tipo.

  • COMO ACTUARÁ ECOAR))) EN PARíS?

ECOAR))) comunícase e coordínase con outras organizacións para desenvolver unha actuación coordinada a través de accións de diverso tipo que van dende as iniciativas participativo-reflexivas ata a acción directa non violenta. En París participaremos en diversos espazos, accións e iniciativas que xa levamos traballando e organizando canda a outras organizacións durante algo máis de un ano.

  • QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera persoa pode participar nas mobilizacións de París de xeito individual ou vencellándose aos distintos colectivos que participamos tanto da coordinación como das mobilizacións e accions que se realicen durante o COP21. A túa participación e implicación unicamente depende de ti. Podes colaborar informando e sensibilizando ás persoas do teu redor dos problemas medioambientais, asinando as follas de denuncia, achegando ideas, difundindo material ou participando nas iniciativas e accións que se propoñan.

  • ATA CANDO DURA A CAMPAÑA?

A campaña dura ata o día 12 de decembro de 2015, cando se pechará cunha enorme mobilización e accións múltiples que se farán na capital francesa. De todas maneiras xa se están preparando novas accións globais para despois de París.

  • COMO PODES CONTACTAR CONNOSCO?

De xeito moi sinxelo. Podes enviar un correo a ecoar@ecoarglobal.org. Poñerémonos en contacto contigo tan axiña como poidamos.

Comments are closed