…Climate Games?

Os Xogos

O meirande xogo de acción aventura de desobediencia do mundo.

En Decembro de 2015, terá lugar en París o cumio polo clima da ONU, COP21. Políticos, empresas de combustibles fósiles, grupos de presión da industria, e vendedores de falsas solucións, din reunirse para resolver o cambio climático. Pero nós non os cremos.

O obxectivo destes xogos, é reunir aos movementos globais que loitan en contra do lucro por sobre os dereitos das persoas.

Os Climate Games pretenden reunir a acción-aventura coa procura dun cambio real en favor da xustiza climática e dos habitantes da Terra. Calquera pode xogar a este xogo e tornar París e o mundo nun campo xigante, onde desenvolver a acción en favor da xustiza climática. Temos todo para xogar, pero o tempo esgotase.

Porque Xogar?

A catástrofe climática está a desfacer os nosos ecosistemas, esenciais para a vida, privando ademais as comunidades do mundo dos seus medios de vida. Isto é só o comezo. Durante 20 anos (de ahí COP21) os mesmos xogadores estiveron xogando coas mesmas regras amañadas. O único que saíu das conversacións foi aire quente e un aumento das emisións de CO2 de máis do 60%. Isto non pode quedar sen resposta.

O movemento pola xustiza climática vai en aumento e París vai ser un escenario mundial no que, o poder do pobo, levantemos o telón sobre o fume e espellos de promesas corporativas falsas.

Non estamos a loitar pola natureza.

Somos a natureza defendendose asi mesma.

Máis información:

https://www.climategames.net

https://www.facebook.com/climategames/

 

Comments are closed