O acordo contra o cambio climático de París non será vinculante
Toni Martínez
EEUU, China e India bloquean a proposta da Unión Europea para que as decisións do Cumio do Clima sexan de obrigado cumprimento.
Cando quedan 24 horas para que se sele o acordo definitivo do Cumio do Clima de París e xa empezan a suavizarse os termos pactados nas reunións técnicas que se celebraron a primeira semana de reunións.
Tal e como adiantou a ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, o artigo 17 onde se dicía expresamente que o acordo ía ser “vinculante” eliminarase a proposta de Estados Unidos e que conta co apoio de países como China e India. “Isto era unha proposta da Unión Europea que Estados Unidos non estaba disposto a aceptar, por iso estanse buscando outras fórmulas”, sinalou Garcia Tejerina en declaracións aos medios españois que asisten ao Cumio de París.
É importante resaltar que neste tipo de cumios os acordos deben adoptarse por unanimidade, polo que o veto dunha delegación bastaría para que non fose aprobado, por iso é polo que as reunións sucedan a tal hora para desatascar os máis de 300 parénteses que continúan no documento.
Críticas de grupos ecoloxistas
O movemento ecoloxista está a ser moi crítico co borrador sobre o que se traballa e que consideran “de mínimos”. Ademais, denuncian que a proposta non inclúe obxectivos a medio prazo, por exemplo no control das emisións de gases contaminantes.
Neste sentido, o eurodeputado de Equo no Parlamento Europeo, Florent Marcellesi, apunta que o novo texto “vai polo camiño equivocado”. E resalta cuestións como “a eliminación á referencia sobre a desinversión en actividades altas en carbono, a revisión tardísima dos compromisos, a eliminación do carácter vinculante destes compromisos ou a pouca consideración feita cara aos dereitos humanos” como “sinais claros que tiran cara abaixo o acordo”.
Fonte: http://www.lamarea.com/2015/12/10/el-acuerdo-contra-el-cambio-climatico-de-paris-no-sera-vinculante/