O texto clave do Cumio do Clima elimina a obriga de reducir a cero os gases de efecto invernadoiro

O texto clave do Cumio do Clima elimina a obriga de reducir a cero os gases de efecto invernadoiro

  • O borrador presentado polo presidente do COP21 abre a porta aos combustibles fósiles se se captura o suficiente gas invernadoiro como para que o balance entre emitido e atrapado sexa cero
  • O quecemento global máximo de 1,5 ºC até 2100 toma forza como senda desexable. Até agora falábase esencialmente de 2ºC

  • A idea de conseguir “emisións cero de gases de efecto invernadoiro para o período 2060-2080”, do artigo 17, foi erradicada do texto
 El CO2 en la atmósfera supera récord histórico de 400 partes por millón EFE


O CO2 na atmósfera supera récord histórico de 400 partes por millón EFE

O obxectivo dun quecemento global menor pero con emisións de CO2 froito do uso de petróleo ou carbón, tamén admitidas. O último borrador de acordo sobre cambio climático que se está discutindo en París (COP21) dende as 15.00 deste mércores xa afinou o tiro: o obxectivo global de quecemento máximo de 1,5 graos até 2100 aflorou con máis forza. No artigo 2 do texto, que se refire ao obxectivo global que debe saír do cumio, esa temperatura xa é unha opción en si mesma e mesmo se abre a vía a que aínda que se prefira a alternativa dos 2ºC “fáganse esforzos gradualmente para reforzar ese límite” outro medio grao. Pero o articulado tamén leva inserta a peaxe para esa declaración.

Nada máis acabar ese artigo, no número 3 referido á “mitigación”, tamén se prepararon as vimbias para que o freo aos combusibles fósiles se suavice claramente. A idea de conseguir “emisións cero de gases de efecto invernadoiro para o período 2060-2080” foi erradicada. “Envían uns sinais sobre un acordo máis feble”, analizou o portavoz de Equo no Europarlamento, Florent Marcellesi.

O borrador do acordo contiña 26 artigos. Esta última versión que Fabius non chamou definitiva pero si “unha base” e “limpa” perdeu un apartado polo camiño. E non un calquera. O artigo 17 que facía referencia á obrigatoriedade ou vinculación legal evaporouse. Non porque haxa outra cousa no seu lugar, senón, símplemente porque o articulado salta do 16 ao 18. A expresión legally binding (xuridicamente vinculante) desapareceu ademais do texto. “Cremos que significa que se está facendo unha cousa totalmente diferente na parte legal, nada do que se ofreceu permaneceu”, contou  eldiario.es Alejandro González de Amigos da Terra. Precisamente, EE UU quería que a obrigatoriedade do acordo se modificase para permitir que se adaptase ás súas necesidades.

Nunha das vías que se lles deu ás delegacións para a súa análise dise que “os recortes nas emisións sexan ou ben entre un 40-70% ou un 70-95%” pero coa idea de alcanzar “emisións netas cero” en 2050. Esa pequena diferenza: o concepto neto, marca un gran salto. Iso permite que haxa emisións se se compensan dalgún xeito. “A neutralidade”. Entran os sumidoiros de CO2 (océanos e bosques) pero tamén o comercio de bonos de emisión que fai que unha industria ou un estado que lance gases compre o excedente que sae ao mercado. Ou calquera outro xeito de enfríar a Terra en lugar de quentala. Completa esta quenda o ano que se usa como nivel basee para medir as reducións. Escolleuse 2010. Un ano de emisións xa moi altas. Especialmente en economías como China ou India.

Tamén “emisións neutrais” no carbón

A outra vía ofecida contén a opción de optar pola “descarbonización” pero xusto á beira, tamén se redactou a alternativa, outra vez, de “emisións neutrais”. Neste caso “ao longo deste século segundo a mellor ciencia dispoñible e sobre a base dun desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza”. Unha cousa que saltou definitivamente é a alcanzar unha “seguridade nos alimentos”.

Membros dos equipos negociadores cos que falou eldiario.es contan que a estratexia para este acordo que parece dar aire ás industrias petrolíferas, do carbón ou do gas, pasou por “utilizar a Arabia Saudita como mozo malo”. Enarborou a bandeira da enerxía de carácter fósil. “Non lle importou aparecer como cabeza do movemento porque detrás había outros estados que abonaban o campo”, analizaron. Países como Polonia, que se colocaba lonxe do consenso da Unión Europea en canto ao carbón, ou Suráfrica.

“Normalmente cando un país se situa de maneira moi extrema como pode ser Arabia Saudita, utilízase o rodete do consenso maioritario para pasar por enriba. Nesta ocasión esa posición máis vehemente dos sauditas contou cun respaldo”, analizaron para eldiario.es algúns/has dxs que coñeceron as intervencións de primeira man.

Sen a descarbonización, sen que se saque do taboleiro de xogo o uso de combustibles fósiles como o petróleo ou o carbón, xs técnicos do Panel de Expertxs lembran que “só existen tres maneiras de reducir o dióxido de carbono” que acaba taponando a saída da radiación solar e provocando o requecemento da Terra: o sumidoiro natural dos bosques -que estase a diminuir a base de deforestación- a acumulación nos océanos que leva asociada a acidificación da auga mariña, é dicir, a desaparición da vida subacuática e a destrución das corais, e a xeoenxeñería. Isto é a utilización de tecnoloxía de altísimo custo para modificar o clima. Exemplo disto é o estudo para que cristais de sal na atmosfera reboten a radiación no aire.

Así que os alicerces sobre os que se está edificando o discurso final dxs negociadorxs, que o presidente do Cumio, Laurent Fabius quere “anunciar o venres, 11 de decembro”, xa han ir tomando forma escrita. Tamén en canto á obrigatoriedade dos compromisos.

Nota:

A viaxe e a estancia do enviado especial de eldiario.es á COP21 foron sufragados pola organización Ecoloxistas en Acción coa axuda da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Ecoloxistas en Acción organizou unha delegación de xornalistas para asistir á conferencia.

Fonte:http://www.eldiario.es/sociedad/acuerdo-recoge-eliminacion-emisiones-CO2_0_460904445.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *