Os países vulnerables piden máis diñeiro para adaptarse ao cambio climático e forzan unha prórroga en París
- Tras seis horas de negociacións, o punto de financiamento fixo que se deba pedir unha prórroga até o sábado para tratar de culminar un compromiso común
- “Nicaragua advertiu de que se non se melloraba había posibilidade de repetir Copenhague” cando se pechou a conferencia en falso, contan desde os equipos negociadorxs
- “Vou presentar o texto non a noite do venres como eu pensaba, senón o sábado pola mañá”, admitiu finalmente o presidente da COP21, Laurent Fabius
A cita é as 9.00 da mañan do sábado .O Cumio do Clima (COP21) precisou dunha prórroga. O talón de diñeiro que os países vulnerables solicitan para admitir a rebaixa de ambicións utilizada polxs negociadorxs para sumar máis países ao acordo desbaratou a idea do presidente da COP, Laurent Fabius, de ter unha firma este venres. “Vou presentar o texto non a noite do venres como eu pensaba, senón o sábado pola mañá”, tivo que admitir finalmente Fabius.
Nicaragua deu a cara polos estados máis febles, segun contan fontes do plenario da conferencia. “Estivo moi activa toda a semana e ten a máis países detrás, ademais dos do Caribe”, explican. A cuestión é que piden máis financiamento para adaptarse ao cambio climático, xa que consideran que os obxectivos de mitigación do quecemento global exponos aos impactos máis severos. “Advertiu de que se non se melloraba había posibilidade de repetir un Copenhague”, deslizan as mesmas fontes facendo referencia ao peche en falso da COP celebrada na capital danesa en 2009.
A maioría dese diñeiro sae dos países moi industrializados como EE UU, Canadá ou a Unión Europea. Pero a negociación puxo o foco en China que, considerada en vías de desenvolvemento aínda, viu como países como Xapón ou Suíza, reclamáronlle máis achega a ese fondo de financiamento, relatan xs que tiveron acceso ás seis horas de negociacións nocturas que se viviron en París na madrugada do xoves ao venres.
Outros escollos
China foi a impulsora de que aínda poidan crecer as emisións globais de gases de efecto invernadoiro até un pico situado “o máis pronto posible”, segundo o texto remitido ás delegacións. O seu “máis pronto posible” é 2030 de acordo co documento de compromisos nacionais que envío á ONU. Ademais tamén protestou polo concepto de “emisións neutras” (réstaa entre o CO2 emitido e capturado).
Para completar os escollos que obrigaron a Fabius a anunciar o que non quería: que terán que saírse do calendario e buscar o acordo final para o 12 de decembro, Arabia Saudita non afrouxou a súa presión como mascarón de proa dos países produtores de combustibles fósiles. Xs negociadorxs viron, segundo contan a eldiario.es, que protestou por incluír unha referencia á contención da temperatura global nun 1,5ºC. O borrador establece o limiar en 2ºC pero pide que se fagan esforzos para ir cara a un límite algo máis ambicioso. Non lles convence nin esa versión suavizada.
Nota:A viaxe e a estancia do enviado especial de eldiario.es á COP21 foron sufragados pola organización Ecoloxistas en Acción coa axuda da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Ecoloxistas en Acción organizou unha delegación de xornalistas para asistir á conferencia.
Fonte: http://www.eldiario.es/sociedad/obliga-retrasar-acuerdo-climatico-sabado_0_461603975.html