Pegadas de carbono, pegadas de desigualdade

Pegadas de carbono, pegadas de desigualdade

  • O cambio climático é irmán siamés da desigualdade económica global. Unha auténtica crise mundial impulsada pola contaminación que provoca o estilo de vida dos ricos do planeta, e que afecta fundamentalmente ás persoas máis pobres, as que non teñen a culpa.
Miradas-Eyes-Paris-Imagen-Oxfam_EDIIMA20151209_0649_4

Miradas da campaña ‘Eyes on Paris’. Imaxen: Oxfam.

Radiografía do mundo con (malos) fumes. A metade máis pobre da poboación mundial –aproximadamente 3.500 millóns de persoas– só xera ao redor do 10% do total das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro debidas ao consumo individual. E paradoxalmente esta metade máis pobre vive nos países máis vulnerables ante o cambio climático. Por seguir co paradoxo, aproximadamente a metade das emisións de gases contaminantes débese ao 0% máis rico da poboación mundial, cuxa pegada de carbono media é até once veces superior á metade máis pobre das persoas que viven no planeta. E se comparamos co 10% máis pobre, a súa pegada é 60 veces superior. Na pequena cúspide da riqueza hai un 1% de crema e nata da riqueza mundial cuxa pegada de carbono podería multiplicar por 175 á do 10% máis pobre.

Esta semana, en París, ten que lograrse un acordo negociado entre Gobernos en función das emisións que se xeran nos seus territorios. Pero xs verdadeirxs gañadorxs e perdedorxs do acordo seremos as persoas. Só será un bo acordo se mellora as vidas das persoas máis pobres, que son as que menos contribuíron ao cambio climático. As que máis sofren ante as súas consecuencias, independentemente de onde vivan.

Hai algúns mitos sobre as inxustizas do clima que están a caer aos poucos. Por exemplo, aínda que o nivel de emisións dalgunhas “economías emerxentes” como China, India, Brasil e Sudáfrica é elevado e aumenta rapidamente, en realidade os hábitos de consumo mesmo da súa poboación máis rica son menos contaminantes que as dxs seus semellantes nos países ricos de Europa e Norteamérica.

Pero todo está a cambiar, e de feito todo empeorará se non se logran medidas urxentes. Calquera análise minimamente intelixente chámanos a cambiar o noso estilo de vida, se somos persoas ou familias. E aos nosos gobernos, a cambiar as súas estratexias de enerxía e transporte. Depender do carbono e as enerxías fósiles só beneficia a unha mínima e insolidaria elite mundial, non ás persoas, nin nos países ricos, nin nos emerxentes, nin nos pobres.

Entre os cumios sobre o clima de Copenhague e París, o número de milmillonarios da lista Forbes con intereses no sector dos combustibles fósiles pasou de 54 en 2010 a 88 en 2015. O conxunto das súas fortunas persoais incrementouse nun 50%. Pasaron de 200.000 millóns de dólares a máis de 300.000. Riqueza sen paliativos. Cúspide de malos fumes.

Quedan unhas horas para lograr un bo acordo en París. Un que plante cara á influencia das elites e defenda ás persoas, sobre todo ás máis pobres e vulnerables. Sobre todo ás que menos culpa teñen.

Fonte: http://www.eldiario.es/desigualdadblog/huellas-carbono-desigualdad-COP21_6_460963922.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *