Os dereitos das mulleres, ausentes no Cumio do Clima de París

  • Este venres ten previsto presentarse o acordo do Cumio de París aínda que faltan por solucionar algúns puntos como a relación entre mulleres e clima.
climate_paris-680x365

Acción contra o cambio climático. GREENPEACE. BAS BEENTJES

PARÍS // Tras 21 anos de Cumios do Clima, moitos deles caracterizados polo escaso compromiso ou, mesmo, pola falta de acordo, como a COP15 de Copenhague, grandes expectativas foron depositadas na actual COP21 de París, que se espera presente un acordo oficial antes do final da semana. Comunidades indíxenas e mulleres, entre outros colectivos, manteñen as súas esperanzas en que as súas demandas sexan recoñecidas no texto, a pesar de que por cada revisión do texto do Acordo de París diminúen as referencias aos seus dereitos específicos.

Xs técnicos pasaron a súa última versión do texto axs ministrxs dos 195 países que o pasado mércores presentaron o seu primeiro borrador de negociacións. Asuntos relevantes como a vinculación xurídica dos compromisos nacionais foron descartados do texto, para evitar que o Senado estadounidense bloquee a medida, e aínda restan outros tantos puntos importantes que se cambalean entre corchetes, entre eles o asunto de igualdade de xénero. Isto quere dicir que aínda se atopan en proceso de negociación e que poderían quedar fose do acordo.

“Definitivamente necesitamos un acordo que promova máis líderes femininas, se tivésemos máis líderes mulleres nunca chegariamos onde estamos agora”, afirma Mary Robinson, antiga Presidenta de Irlanda e ex comisaria da ONU para os Dereitos Humanos.

Ante esta situación, a Circunscrición Mulleres e Xénero (Women Gender Constituency-WGC) -un dos nove grupos de interese da Convención da ONU para o Cambio Climático que agrupa a 15 organizacións da sociedade civil ambiental e de xénero- publicou unha resposta ao borrador de París. Entre outras cousas, esta carta apela axs negociadores para que o texto recolla que toda medida de mitigación (control das actividades que provocan o cambio climático) debe levarse a cabo baixo os patróns de desenvolvemento sustentable e loita contra a pobreza asegurando o respecto aos dereitos humanos e, sen esquecer, a igualdade de xénero. Ademais, a Circunscrición considera que o acordo debe incluír unha referencia máis concreta a un enfoque específico de xénero en materia de financiamiento e considerar o concepto de “compensación por perdas e danos” en caso de desastres naturais cunha énfase especial nas mulleres. “As mulleres somos as primeiras vítimas do cambio climático pero estamos pouco representadas nas negociacións”, afirma Nathalia Capellini, activista da Marcha Mundial da Mulleres en Francia.

No que respecta ás accións na xestión da terra, WGC esixe non só a garantía de acceso á terra das comunidades locais e indíxenas, senón tamén a promoción da tenencia da terra por parte das mulleres. No mundo, case a metade da man de obra que traballa o campo son mulleres, pero só o 16% delas teñen acceso á propiedade da terra. Tamén solicitan un enfoque especial de xénero no que respecta ao acceso a tecnoloxías e reconstrución, xa que en moitos casos son as mulleres as encargadas da agricultura, replantación de bosques ou subministración de auga para consumo.

A un día da suposta presentación do texto definitivo do Acordo, as voces das mulleres encarnadas nas organizacións da sociedade civil presentes en París seguen insistindo para que os seus dereitos non saian do acordo final. Despois de máis dunha vintena de Cumios do Clima, o recoñecemento da contribución das mulleres á loita contra o cambio climático aínda ten que seguir sendo pelexado na area política.

“Neste mundo actual todo é política, silenciar ás mulleres é unha decisión política”, expresa Sophie Dowllar, coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres de Kenya, durante un encontro de mulleres e clima na Asemblea Cidadá, París.

As mulleres son actrices cruciais no coidado e respecto ao medio ambiente, segundo conta Nathalia que insiste en que ningún acordo que as deixe á marxe conseguirá asegurar o futuro do planeta.

Fonte:http://www.lamarea.com/2015/12/10/los-derechos-de-las-mujeres-no-se-negocian-en-la-cumbre-de-paris/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *