"Produce unha inmensa tristeza pensar que a natureza fala mentres o xénero humano non a escoita"
Victor Hugo
A COP21 marcará un antes e un despois irreversibles no planeta. Un punto de inflexión na política climática global, pero tamén nas relacións económicas, sociais e xeopolíticas. Os gobernos de todo o planeta seguen apostando por abordar a loita global contra o cambio climático a través do inmobilismo.
E fronte a isto temos o deber de organizarnos e mobilizarnos. Temos que construír un movemento forte e duradeiro pola xustiza climática, que aglutine a todxs xs que nos opoñemos ao modelo social, político e económico neoliberal, e buscamos unha alternativa baseada no respecto e protección dos dereitos humanos e o planeta. Un movemento aberto a todxs que sexa quen de construírse dende a diversidade para poder estruturar alternativas e resposta social organizada.
“Se non facemos nada, ninguén o fará no noso lugar”.